OBSCURACIÓN DE ALGÚN CUERPO PLANETARIO
A mostra estivo en Solaina do 25 de Abril ao 30 de Maio
Obscuración de algún cuerpo planetario é unha exposición de palabras, versos, imaxes, texturas e arquivos de tres proxectos: Páramo, La Miscelánea de Mutis y Plantas flamencas de sol Morado. Estos teñen en común o plano experimental da edición e, dende exploracións gráficas e literarias, relacionan memorias persoais, xeografías, teorías, poemas, cantes e relatos colectivos.
Os materiais nos que interveñen estos proxectos dan conta de contornas e apreciacións particulares que, ao misturarse, xorde unha linguaxe sobre o territorio que non é descriptivo. Un vínculo extrano entre os páxaros, as plantas, os astros e as memorias. Un inventario sen orde. Unha linguaxe científica de supersticións.
A exposición convida aes súes asistentes a rebuscar mensaxes e xerar misturas,aproximándose á ciencia como poética e á palabra como unha forma de xeografía.