TEÑO UN CARAVEL NO PEITO
Peza realizada na Fonte da Cristina durante o FIOT - Festival Internacional Outono Teatral de Carballo, A Coruña
A proposta nace encadrada dentro da convocatoria Metro Cadrado que lanza o Festival FIOT de Carballo. Así o noso colectivo crea a súa primeira peza pensada para un dos espazos propostos pola organización, a Fonte da Cristina. Así creamos esta peza performativa musical, que a continuación explicamos, e que presentando a esta convocatoria ourensana o que queremos e investigar e dar forma á peza para a súa mostra en escenarios e espazos máis convencionais.
As fontes son espazos cheos de lendas. Lugares onde emana a auga máxica que logo percorre o interior da xente ficando xa por sempre nas súas mentes. Historias acuáticas que irán moldeando as persoas individualmente, máis tamén no seu conxunto, como sociedade.
“Teño un caravel no peito” é unha peza performativa a través da cal imaxinamos a lenda da Fonte da Cristina. Buscamos que o mito se faga realidade, que o público o presencie, para que fique logo na súa memoria. Un feito entre real e imaxinario que ficara neles por sempre.
A nosa proposta toma ás mouras como seres protagonistas deste mito. Dúas mouras que nos serven como representación de dous seres queers, para a través delas contar a realidade do colectivo LGBT+. Desta maneira creamos unha lenda coa que queremos amosar que é o que nos converte nun colectivo, como pese a que as persoas LGBT+ somos moi diversas somo capaces de unirnos, de comprendernos, de axudarnos e apoiarnos. Así “Teño un caravel no peito” é unha performance que simboliza como as persoas queers pese a termos realidades e vivencias diferentes partillamos fortalezas e carácter.
A performance consiste nunha representación de esta lenda na que nós representamos a estas mouras. Como mouras iremos construíndo diferentes accións que farán realidade o mito. Estas parten dun xogo coa fonte e o canto, con diferentes obxectos cerámicos, así como con flores e a propia auga da fonte. Un xogo acompañado dunha peza musical que nace da música tradicional galega e das súas coplas para ir construíndo ese son, esa historia..