RABUÑAS AS VOCES
A mostra estivo en Solaina do 13 de Febreiro ao 18 de Marzo
Nas Pontes (A Coruña) exhumouse no 2007 unha das máis de 2500 fosas comúns de vı́timas do franquismo rexistradas en España. Isto significa que, cada dı́a, pisamos unha terra na que se atopan espallados miles de mortos dende hai décadas. Desgraciadamente, a terra non é o único que os agocha: tamén os soterran todas as polı́ticas de Estado que se sucederon tras o réxime franquista. Erguéndose ası́, sobre estes sucesos, a construción dunha sociedade democrática enferma de amnesia, incapaz de afrontar o seu pasado recente dun xeito diferente ao esquecemento e a negación.
Rabuñan as voces parte de conceptos como a posmemoria, os lugares de memoria ou o espectro derridiano, elabórase unha investigación sobre o crime franquista que tivo lugar nas Barosas no ano 1936, vinculándoo co presente da vila.
A investigación, partindo do local, remata por consolidarse como unha crı́tica da situación a nivel nacional. Como contrapunto, os sentimentos de imposibilidade do dó, trauma e segredismo saen á luz mediante a acción artı́stica nun intento de exorcizar parte destas pantasmas.
O traballo busca dar visibilidade a estes feitos, propoñendo novas aproximacións dende unha perspectiva interdisciplinar. A crenza na capacidade de denuncia e no papel reparador da arte son os eixes promotores do proxecto.