StreetviewCompostela

StreetviewCompostela, unha mostra individual da artista Sara Giunta conformada por diversas obras fotográficaou vínculadas a esta disciplina. O proxecto de streetviewcompostela nace influenciado, por unha banda, pola obra dixital de artistas coma Jon Rafman ou Michael Wolf, que cuestiona a autoría da propia obra ao reapropiarse de imaxes capturadas pola empresa Google e, pola outra, polo desexo de explorar os espazos limítrofes das cidades galegas (tomando como referencia a súa capital) onde se encontran o ámbito urbán e rural. A selección, unhas vinte fotografías, escollidas de entre máis de cen , pretende reflexar precisamente
iso.