
Solaina, un espazo con sede en Lugo para artistas emerxentes.
O 29 de agosto de 2020 abriu as súas portas Solaina, un novo espazo con sede en Lugo dende o que promover a arte e a cultura da cidade e de Galiza en xeral, e no que os artistas poidan coñecerse, traballar xuntos, dialogar e exhibir as súas pezas. Este proxecto está atualmente dirixido e curado por Sergio Marey, un novo artista lucense. Solaina quere ser un referente da arte na Galiza e no mundo, e cuxo obxectivo é proporcionar un espazo aberto a todas as artes e disciplinas, a calquera proxecto, coa intención de descentralizar a arte e achegala á sociedade.Solaina é ese lugar de encontro das artes, dunha cultura emerxente que quere estalar, e onde todes son benvides.
Dende a súa apertura leva realizadas 17 exposicións, 10 colectivas e 7 individuais, a feira de arte Arterite,en Lugo. Solaina ven de participar na feira de arte HYBRID ART de Madrid, é a organizadora do Ciclo de Performance Mexer que este ano realizou a súa segunda edición e o Ciclo de Música e Visuais Colusión na cidade amurallada, ademáis de trabalhar en proxectos conoutros concellos e institucións, como a sección escolas do Festival de Arte Audiovisual Contemporánea – Intersección, na cal foi curadora, o LabCareixa – Laboratorio de Teatro Experimental dDeputación de A Coruña ou coa Universidade de Vigo. Tamén cabe destacar a súa colaboración con outros espazos como Acéfala, Cubo ou Fuck This Studio e as súas aparicións en diferentes medios de comunicación tanto especializados como non e a súa colaboración con outras organizacións.