Sergio Marey (Pol, 1997)

Nacín en Rois, unha pequena aldea do concello de Pol, Lugo,  son primeiro de todo unha persoa rural. Proveño dunha familia agrícola e hosteleira que me deu un continuo e invaluabel contacto co rural galego. Esa cercanía guía a miña actual relación coa arte baixo unha visión política e social con Galiza. É tan estreitha esta relación que non concibo a miña actividade como algo alleo, senon como un axente que se interrelaciona co resto o que provoca en sí cultura.

Esta posición ante a Arte levoume a uhna comprensión diferente das artes, variadas elas e populares, que se encontran ameazadas por causa do descoñecemento,  a apropiación e o maltrato continuo. Quero facer pensar e recapacitar sobre os diversos aspectos que tocan a nosa sociedade amosando ao mesmo tempo a riqueza cultural de Galiza.

Dende novo formome en música tradicional galega para máis tarde licenciarme en Deseño de Moda, especializandome no deseño de bolsos. Dende o comezo renego da parte comercial da moda buscando sempre que esta se vexa como unha arte. De esta maneira creo Cas Marey un proxecto que nace como marca de moda para ir transformandose nun fogar creativo onde libero toda a miña creación. Así actualmente definome como un artista multidisciplinar que traballa textil, fotografía, audiovisual, poesía, a instalación… Sempre cunha visión de colectividade, pois me guusta desenrolar as miñas obras en conxunto con outras artistas. Este afán pola reividicación da arte, da súa descentralización, a visbilización de novas artistas e a colectividade levano a fundar en 2020, a galería de arte Solaina, en Lugo, unha galería centrada nas nova artistas do país.