presentación web & estrea fashion film veRmuth

O pasado día 18 de xaneiro de 2020 fixemos a presentación oficial da nosa web nun pequeno evento na tenda Vintage And Coffe de A Coruña, na cal creamos un pequeno ricón como pop-up store, onde todos os asistente puideron ver, coñecer, sentir a nosa arte, o noso universo. Este evento estivo amenizado pola dj e artista elise.pdf (@elise.pdf). Ao final da tarde proxectamos o fashion film Pestanas Postizas, dirixido por Antia Carreira e Inma Veiga (@tonitarace @inmaveiga), para despois facer a presentación do novo fashion film veRmuth, unha obra cinematografia do director e artista seares (@ssearess). A festa continuou de madrugada nunha after party celebrada na sala Backstage, alí continuamos bailando e celebrando este día tan especial para a nosa casa. Fixemolo ao ritmo do dj e artista Poliester (@charllier) e das xa mencionadas directoras de Pestanas Postizas, que se agrupan baixo o nome de TuConTanga (@tucontanga) para traballar como djs. Un gran día de celebración, de estar con amigos, familia… Dar as grazas a todos os asistente, a todos os que axudaron e traballaron e traballan neste proxecto, que lle brindan o seu apoio e fan que estevaia collendo forma para poder chegar ao seu soños. Beizón a todes!!!!