A artesanía é a esencia do noso obradoiro, de maneira artesanal se desenrola cada unha das pezas que del saen. Pezas realizadas de forma única, especial, pezas que se fan con tecidos excedentes de fábricas, restos antigos de tendas, tecidos tecidos a man e reciclados de cortinas, outros mobles ou de prendas antigas. Nelas utilizamos técnicas procedentes da tradición e a artesanía en especial da galega, renovadas, como o bordado, o ganchillo, a cestería, a fabricación de corozas… Así creamos prendas limitadas co que buscamos non xerar stock, excedentes, só unha peza de cada unha para así facela da mellor maneira posible, como unha obra de arte que consideramos, obras que buscan a distinción, a rebeldía, a diferenza tanto delas como das persoas que as posúan.