NOITEBRA

 

Noitebra é unha exposición individual do artísta Adrián Salgueiro (Verín, 1997). Unha mostra que realizou Solaina para o espazo vigués Fuck this Studio, como final de vida deste espazo.

A mostra reuniu dous dos traballos fotograficos do artista que estaba impresos e diferentes materiais como metacrilato ou papel. Por un lado teríamos a serie Meridiano e por outro Noitebra. Na  súa obra fotográfica, Adrián Salgueiro, explora os límites entre o simbolismo e a abstracción a través do surrealismo, co uso habitual dun branco e negro de altos contrastes e xogos lumínicos para transportar visualmente ao espectador a novos lugares que rompan a barreira entre a natureza e a imaxinación.