ESPANTALLO
“Espatallo” é unha colección que procura o empoderamento do rural galego e das súas xentes. A través das labores do campo, que conflúen e se misturan, nace esta serie de pezas que toman elementos de actividades como o coidado do gando, o labradío da terra, a colleita… É a súa estética tan particular a que se proxecta nas prendas que recollen ese reciclaxe de ropa que se fai nestes traballos, xente que usa roupa 20 tallas máis grande do que precisan, misturándoas sen un criterio estético, simplemente escollendo as máis cómodas para levar a cabo o traballo dese día. Así o uso de pezas rotas, a mistura de cores, estampados, tecidos, o desaliño… é algo moi común nesta estética tan marcada no rural galego. Tamén se toman elementos típicos deste traballo como o uso de fio de empacar a herba, os sacos ou as pezoeiras, coas que se crean prendas e complementos completamente co uso destas. “Espantallo” unha colección composta por 18 looks, destaca pola incorporación dun elemento clave e que articula a colección, o seu novo logo, a cabeza dunha vaca feita con cravos de ferrar por un artesán galego.
Todos estos elementos conforman “Espantallo” unha colección que saca á luz o ferreo traballo das xentes galegas e visibiliza algo tan importante como é o ruralismo para Galiza xa que é un dos maiores aspectos identitarios desta rexión.